mércores, 3 de xuño de 2020

SESIÓNS LOGOPÉDICAS SEMANAIS NO CONFINAMENTO infantil 4 e 5 anos

Os acontecementos que estamos a vivir obrigounos a todos e todas a tirar da imaxinación para poder interactuar co noso alumnado, que non é moi doado. Estas sesións logopédicas semanais poden servir un pouquiño para seguir facendo dende casa algúns exercicios que poden favorecer o desenvolvemento lingüistico dos cativos de infantil. Algunhas actividades irán variando cada semana. GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, e desta sairemos todos xuntos.!!!

SESIÓNS LOGOPÉDICAS SEMANAIS NO CONFINAMENTO iNFANTIL 3 ANOS

Os acontecementos que estamos a vivir obrigounos a todos e todas a tirar da imaxinación para poder interactuar co noso alumnado, que non é moi doado. Estas sesións logopédicas semanais poden servir un pouquiño para seguir facendeo dende casa algúns exercicios que poden favorecer o desenvolvemento lingüistico dos cativos de infantil. Algunhas actividades irán variando cada semana. GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, e desta sairemos todos xuntos.!!!

luns, 15 de xaneiro de 2018

SABOREANDO O OUTONO























Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos unha divertida actividade: a gravación de vídeos culinarios aproveitando os ingredientes propios da terra e do outono. Os vídeos son en galego para animar aos cativos a utilir a noso idioma en todos os eidos da vida. Temos que dar PARABÉNS a todos os participantes e as súas familias porque o resultado é maravilloso. Pinchando na imaxe podredes disfrutar destas estupendas preparacións. Animádeos e...POÑÉDELLE SABOR Á VIDA, EN GALEGO!!!

martes, 7 de novembro de 2017

MATERIAIS BUCOFONADORES

Para acadar unha correcta pronunciación os nenos e nenas precisan que os seus órganos bucofonadores (larinxe, farinxe e lingua) estean preparados para elo. Con xogos e xoguetes que podemos facer na casa podemos propiciar a preparación necesaria para conquerir esto.